Galicia

O Tribunal Superior de Galicia admite un recurso contra a decisión da Xunta de dedicar 1.550 millóns a centros de ensino privados

Segundo informa a Confederación Intersindical Galega (CIG), o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) admitiu a trámite o recurso presentado por este sindicato contra da orde da Consellaría de Educación mediante a cal compromete 1.550 millóns de euros para os centros privados.

Esta orde, explica  CIG, ampliaba o tempo fixado para a concesión estabelecido na Lomce e blinda os concertos con estes centros “até o curso 2022/23 destinándolles cada ano 258 millóns que detrae do ensino público”.

 “Non hai límite nin mesura para beneficiar e transferir diñeiro público ao ensino privado, aínda que o ensino público, desde o ano 2009, acumule uns recortes orzamentarios de 1.943 millóns de euros”, afirma o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao.

A central subliña que nos últimos cinco o Goberno Feijóo concertou 243 novas unidades no ensino privado concertado, mentres no ensino público pechaba 59 escolas e suprimía 441 unidades. “Os orzamentos da Consellería de Educación para o ano 2017  medraron só un 2.8% cando o incremento das subvencións para o ensino concertado foi dun 6%. Desde o ano 2009 a cantidade de diñeiro público destinado aos concertos acrecentouse nun 69% ao tempo que os orzamentos da Consellaría de Educación só o fixeron nun 48%, un 21% menos”.

Entre os centros privados que se benefician desta medida figuran cinco do Opus Dei, “que continúan segregando alumnado por sexo e contribuíndo á desigualdade de xénero”. Cinco centros contra os que a CIG gañou un recurso no seu día e que o Tribunal Supremo considerou que os seus concertos eran ilegais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.