Vigo al minuto

Vigo a cidade do Estado que paga antes as súas facturas

O Ministerio de Facenda vén de publicar os datos de pagamento a provedores relativos ao primeiro trimestre de 2017 que certifican, en palabras do alcalde, que Vigo é a primeira cidade do Estado en prontitude de pago entre aquelas que teñen máis de 75.000 habitantes.

«Somos os mellores pagadores de toda España e é unha satisfacción porque tamén temos a presión fiscal máis baixa de Galicia e probablemente sexamos a única cidade de Europa con débeda cero, o que sinala un perfil certamente notable e quero transmitirllo á cidadanía».

Para Abel Caballero este é un tema importante porque implica «xeración de emprego por parte das empresas que traballan cos concellos, coas comunidades autónomas e co Goberno de España» xa que, tal e como expuxo, se aboan pronto as súas facturas, as empresas reciben liquidez para aguantar mellor a situación económica e «en Vigo somos os primeiros, pagamos en menos 12 días desde a recepción da factura», habendo 30 días para aboalas.

O alcalde comparou este dato co doutras administracións, sinalando que a Xunta paga en 20 días máis que o Concello, que o de A Coruña tarda 3 días más, 6 máis Madrid, mentres ue a media da administración central é de máis de 23 días e a media das corporacións locais é de 60 días.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.