Cultura

@PepeSolla namora aos asistentes á Feira do Requeixo e do Mel de As Neves ‘cociñando’ o seu pregón

Imágenes:vigoalminuto.com/Milleiros de persoas achegáronse este venres santo ao concello de As Neves para degustar as 20.000 racións de requeixo e de mel que se serven dende as 10 e media da mañá na XXVI edición desta festa.

Este xoves, día 13, os amantes destes dous sabores tiveron a ocasión de coñecer a súa orixe no roteiro ‘Descubrindo Cerdeira. Orixes do requeixo e do mel’ e gozaron, pola noite, no Auditorio Municipal, da actuación de Malvela, un auténtico pracer e un luxo para as ducias de persoas que nos achegamos a As Neves.

Este mesmo venres, logo da actuación do grupo de música e baile tradicional ‘A Barca de Loimil’, e das palabras do alcalde, Xosé Manuel Rodríguez-nas que tivo unha lembranza, este 14 de abril, para o seu antecesor republicano no cargo e para o falecido hai ben pouco Manuel Damaro-, chegou a hora do pregón que, coma puideron apreciar os asistentes, non se parecía en nada a ningún dos pronunciados nas 25 edicións anteriores desta festa do Requeixo e do Mel.

O encargado do mesmo foi o cociñeiro Pepe Solla, dono dunha Estrela Michelín, que dirixiuse aos asistentes coma mellor o fai él: cociñando, en directo, con produtos naturais, de tempada, e da zona. Solla, ao tempo que foi montando os prato, foi explicando, polo miúdo, de qué xeito emprega él o requeixo na cociña e coma o incorpora ás súas receitas.

A Festa do Requeixo e do Mel  segue coa degustación dos dous produtos xuntos, a 1,5€ a ración e, xa pola tarde, con diferentes actividades para os pequenos, entre elas, ás 5 da tarde, o espectáculo de Peter Punk ou do grupo Ronco&fol.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.