Cultura Galicia

O 18 de abril ábrese o prazo para presentar as solicitudes para opositar a 1.043 prazas de profesores

Como publica este mércores a Consellería de Educación, dende o vindeiro martes, día 18 de abril, e ata o 9 de maio estará aberto o prazo para formalizar a matrícula nas oposicións convocadas polo Goberno de Galicia para cubrir 1.043 prazas de profesores– 540 para Ensino Secundario, 80 para profesores de Formación Profesional, 400 para Mestres e  23 para profesores de música e artes escénicas.

A Administración Galega sinala que as solicitudes se presentarán, preferiblemente, por vía telemática para o cal poderá empregarse calquera dos mecanismo identificación e sinatura que están reguladas na Sede Electrónica, mesmo o sistema de usuario e clave ‘Chave365’.

Ademais, de xeito opcional, será posible presentar as solicitudes en persoa en calquera dos rexistros que recolle a norma do  procedimento administrativo común.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.