Cultura

O colectivo de pensionistas sairá este mércores á rúa en Pontevedra, Santiago, Ferrol, Lugo e Vigo

O colectivo de xubilados e pensionistas da CIG convoca concentracións para este mércores,  día 5 de abril, para denunciar as “consecuencias das reformas dos gobernos do PSOE e do PP, nos anos 1997 e 2011”, reclamar a “revalorización anual das pensións consonte o IPC”; garantías para a sustentabilidade do sistema público e exixir un incremento das mínimas, equiparándoas, polo menos, ao importe do Salario Mínimo Interprofesional (SMI).

As mobilizacións, que se insiren na campaña pola recuperación de dereitos laborais e sociais que desenvolve a CIG desde o pasado mes de decembro, terán lugar ás 11:00 horas diante das oficinas do INSS en Vigo, Santiago, Ferrol e Pontevedra. En Lugo está prevista para as 12:00 horas, tamén diante do INSS.

O colectivo de xubilados e pensionistas denuncia que coas reformas dificultouse cada vez máis o acceso ás pensións contributivas, rebaixáronse as das que acceden a elas e retrasouse a idade efectiva de xubilación.

Xunto a isto denuncian que desde o ano 2013, a maioría absoluta do PP decidiu suprimir a actualización das pensións que se viña facendo en función da desviación do IPC e fixando como tope o incremento do 0,25%, provocando deste xeito o empobrecemento do pensionistas. “Esta mesma pretensión tena o denominado factor de sustentabilidade, aplicábel a partir do 2019, que vai minguar aínda máis os ingresos ao quedaren vinculados en función do incremento da esperanza de vida”, advirten.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.