Vigo al minuto

@PPdeVigo esixe á Deputación axuda para o MARCO de Vigo

A presidenta do PP de Vigo e a presidenta da Deputación, detrás e a carón do alcalde, este martes nun dos actos da Reconquista

O grupo provincial do Partido Popular proporá no Pleno deste venres que a Deputación de Pontevedra apoie economicamente ao museo  MARCO, en Vigo. A deputada popular e presidenta local do partido na cidade, Elena Muñoz, sinala que o museo está pasando “por un momento crítico” e lamenta que a pesar desta situación, “hai unha absoluta desatención do Goberno municipal sobre o museo e sobre as necesidades que ten neste momento”.

Ademais, engade, bota en falta o apoio da Deputación de Pontevedra. “Cando o PP gobernaba a institución provincial, o PSOE esixía maior implicación no MARCO, pero agora que están gobernando vemos que os están ignorando absolutamente”. Por iso, apunta, defenderán esta moción, “para esixir nada máis e nada menos o que eles pedían cando estaban na oposición, e por iso esperamos que desde a Deputación de Pontevedra aposten por este museo tan importante para a cidade e lle dean os recursos que merece, pero que sobre todo precisa para evitar que vaia morrendo pouco a pouco”.

Lembran os populares que desde a inauguración do MARCO en 2002, foise posicionando como un dos referentes dentro da rede museística de Vigo e de Galicia, amparado pola calidade da súa oferta e das exposicións que nel se teñen desenvolvido durante estes anos. Ademais, actualmente é o museo da cidade con máis visitantes, case 90.000 en 2016 e superando ano tras ano o seu propio récord de visitas.

También te puede interesar