Comarcas

13 persoas en situación de desemprego empezarán a traballar para o Concello de Salceda dende este venres

O Concello de Salceda contratará, dende o vindeiro venres 31 de marzo e ata o 31 de decembro, un total de 13 veciñas e veciños en situación de desemprego, ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

As prazas que se van cubrir, son as de 1 animador sociocultural, 1 orientadora profesional para a inserción, 2 albaneis, 4 persoas de limpeza, 2 desbrozadores, 1 condutor de camión, 1 administrativa e 1 técnica de administración local.

A concelleira de Formación e Emprego e primeira tenente de alcalde de Salceda, Loli Castiñeira, sinalaba a importancia desta nova quenda de contratacións “que contribuirá a paliar a dura situación que viven moitos dos nosos veciños e veciñas que están en situación de desemprego”.

Por outra banda, as contratacións servirán para dar cobertura ás demandas da veciñanza, cubrindo as necesidades dos servizos básicos xestionados dende o propio Concello, tanto dentro como fora das instalacións municipais.

O Equipo de Goberno destacou a transparencia de todo o proceso, así como a igualdade de oportunidades. Mostra delo é que das 13 persoas contratadas solo unha traballou previamente no Concello de Salceda, sendo as 12 restantes a primeira ocasión en que teñen oportunidade de formar parte da plantilla municipal.

O alcalde de Salceda asegura que “a partir do venres, 13 veciños e veciñas de Salceda contan con unha oportunidade de traballo moi necesaria en cada un dos casos. A transparencia coa que se levou a cabo todo o proceso garante que as persoas seleccionadas sexan merecedoras do posto, e que accedan ao mesmo en igualdade de oportunidades co resto de candidatos”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.