'Qué te cuentas?'

Vigo acolle a proxección do documental ‘O Piloto, o último guerrilleiro’

A Asociación Cultural O Castro proxecta o documental O Piloto, o último guerrilleiro o vindeiro mércores, 29 de marzo  ás 19.30 h. na Asociación Veciñasl de Teis, na rúa Gerardo Campos Ramos, 2.

O documental O Piloto conta a vida e os feitos de Xosé Castro Veiga, alias “O Piloto”. Guerrilleiro antifranquista morto pola Garda Civil no ano 1965 preto do pantano de Belesar, 26 anos despois de finalizar a guerra civil.

Este audiovisual foi dirixido polo fotógrafo Xosé Reigosa con guión do xornalista Afonso Eiré e producido Dous punto Oito e a Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Xosé Luís Castro Veiga (O Corgo 1915-Chantada 1965), coñecido popularmente como Piloto, non se converteu en mito por ser o último guerrilleiro morto en combate en todo o estado. As súas fazañas, a súa lenda e a necesidade dos resistentes antifascistas xa o elevaran a esa categoría en vida.

Pero aínda é descoñecido para unha boa parte do pobo galego pois, O Piloto, cun grupo de guerrilleiros e guerrilleiras da II Agrupación, decidiron continuar coa loita armada, incumprindo as ordes do PCE, o seu partido. E aínda que non deixou nunca de defender o seu ideario, “desde 1952 tivo que fuxir non só da Garda Civil, senón dos enviados por Santiago Carrillo para matalo, como, por exemplo, lle pasou ao seu compañeiro O Brasileiro”.

Aquel rapaz que aos 16 anos entrara de voluntario na aviación republicana, “caía a mans da Garda Civil no encoro de Belesar aquel 10 de marzo de 1965, cando estaba almorzando pan con chourizo”.

Despois da proxección terá un lugar coloquio coa presenza de Alfonso Eiré, guionista do documental, xornalista e escritor. Para alén do guión, escribiu o ensaio O Piloto.

También te puede interesar