RGPD - Cookies
Deportes

Máis de 800 deportistas competirán no abril deportivo de As Neves

Máis de 800 deportistas de distintas modalidades competirán no abril deportivo das Neves, que coincide co mes da Feria do Requeixo e do Mel.

As probas foron presentadas no Concello polo alcalde, Xosé Rodríguez Méndez, e o concelleiro de Deportes, Óscar González, acompañados dos representantes dos clubes organizadores das probas.

A primera das competicións será a Ruta BTT do Requeixo, o 2 de abril, organizada por ACD Sanomedio con dificultade media alta, saída e chegada a praza percorrendo as ladeiras de Sanomedio e a Paradanta. Tamén inclúe unha ruta de sendeirismo de 12 quilómetros para acompañantes.

O sábado 8 e o domingo 9 serán as probas de andainas e do trail de montaña con dificultade alta. As andainas do sábado 8 serán de varias distancias 50, 27 e 13 quilómetros e trail de montaña do domingo 9 con modalidades de 39 e 21 quilómetros, levado a cabo polo Clube Cornelios.

Tamén ten lugar nese fin de semana o XIV Master Nacional de bádminton, organizado polo Clube de Badmitón As Neves, no pavillón municipal, cuns 150 participantes.

Ademáis, no circuito de Taboexa celebraranse campionatos de Motocross. O Campionato Galego de Motocross será o domingo 16 e xa os días 29 e 30 as probas serán do Campionato de España de Motocross das categorias MX I e MX II, que reunirá aos mellores pilotos do panorama nacional e europeo.

También te puede interesar