Vigo al minuto

Os sindicatos de Pescanova desconvocan a folga indefinida mentres se sigue negociando

A Inspección de Traballo, que este venres pola tarde iniciou a mediación no conflito laboral de Pescanova a instancias da Xunta, fixou tres xuntanzas entre a CIG, CUT, UGT e USO e a dirección -CCOO participa nunha mesa de negociación distinta tras o veto dos outros sindicatos polo seu “comportamento desleal”- para abordar o que até o de agora impediu un acordo sobre os convenios: incremento salarial, a flexibilidade e as novas categorías laborais de entrada na empresa.

As catro centrais maioritarias en Pescanova comprometéronse a desconvocar a folga indefinida prevista para o 4 de abril despois de que a mediación laboral, que convocou as partes a primeira hora desta mañá tras a intervención da Consellaría de Traballo, fixase tres xuntanzas para os vindeiros días 29, 30 e 31.

Nelas abordaranse as tres cuestións que até o de agora impediron un acordo sobre os convenios: incremento salarial, a flexibilidade e as novas categorías laborais de entrada na empresa.

A medida foi adoptada na reunión celebrada onte no hotel Ciudad de Vigo, unha vez conformadas as mesas de negociación pola mañá. A CIG, CUT, UGT e USO vetaron a presenza de CCOO na mesa despois de que este sindicato rompese a unidade sindical «coa súa actitude desleal co resto de organizacións». Tras máis de tres horas de negociacións, a autoridade laboral accedeu a conformar dúas mesas: nunha estará representada a maioría sindical e noutra CCOO.

Esta mesma composición repetirase nas próximas xuntanzas, nas que tamén participará a autoridade laboral. As centrais maioritarias xa adiantaron que proporán a convocatoria dunha nova folga indefinida no caso de que as negociacións rematen sen acordo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.