Galicia

Galicia está este mércores en alerta laranxa por neve a 500 metros de altura

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia do Goberno de Galicia vén de activar para este mércores a alerta laranxa por neve en zonas do interior das catro provincias, e por temporal no litoral da Coruña.

As nevaradas, que se prolongarán mércores e xoves, afectarán o sur de Ourense a partir das 8,00 horas; a partir das 12,00 estenderanse ao interior da provincia da Coruña, centro de Lugo, noroeste de Ourense e interior de Pontevedra; e desde as 18,00 horas chegarán ao sur de Lugo. Agárdase unha acumulación de máis de 5 centímetros en cotas superiores aos 500 metros, e ata 4 centímetros por riba dos 300 metros. Nas zonas de montaña de Lugo e Ourense activarase o nivel amarelo, con acumulacións de máis de 15 centímetros a partir dos 500 ou 600 metros.

Hai que lembrar que, como informou vigoalminuto, a Comisión Escolar de Alertas acordou suspender este mércores e mañá, xoves, as actividades no exterior e parte do transporte escolar nalgunhas zonas afectadas pola alerta laranxa e amarela de neve. Aínda que non se suspende a actividade docente, se as circunstancias meteorolóxicas da localidade onde se atopa o centro de ensino supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior ou extraescolares.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.