RGPD - Cookies
Galicia

A resolución sobre a couza guatemalteca da pataca establecerá indemnizacións de entre 30 e 70 céntimos de euro

Medio Rural publicará “axiña” a resolución para indemnizar aos afectados pola praga da couza guatemalteca  nas plantacións de pataca de Galicia. Así adiantouno este martes a conselleira de Ángeles Vázquez, no Parlamento, en resposta ás preguntas da oposición.

O deputado de En Marea Davide Rodríguez amosouse satisfeito polo avance do plan do Goberno de Galicia ata hoxe e pediu máis colaboración de agora en diante; en termos semellantes interveu o representante socialista, José Antonio Quiroga, e o do BNG Xosé Luís Rivas.

A conselleira repetiu que haberá indemnizacións e mesmo estableceu as mesmas entre 30 e 70 céntimos de euro.

 

También te puede interesar