Vigo al día

@ppdegalicia rexeita unha proposta para garantir a gratuidade dos aparcadoiros de Urxencias e Consultas do Cunqueiro

O Parlamento de Galicia, cos votos do Partido Popular, rexeitou unha proposta do deputado socialista Abel Losada na que se pedía que o Goberno  de Galicia garantise a gratuidade dos dous aparcadoiros situados nas áreas de consultas externas e urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Losada fizo unha proposición para poñer a disposición dos usuarios, de xeito inmediato coma  aparcadoiro gratuíto as parcelas titularidade do Servizo Galego de Saúde (Sergas), “denominadas DA-2 e DA-3, correspondentes ao proxecto sectorial do novo hospital de Vigo, e que suporían en torno a 300 prazas” e, no caso da parcela DA-2, “eliminar inmediatamente o peche que impide o acceso dos vehículos, e sexa utilizada como aparcadoiro gratuíto”.

No caso da parcela DA-3, o deputado por Pontevedra pedía que se iniciasen, “no prazo dun mes”, as obras que permitan o acondicionamento e acceso a esta parcela, para que poda ser utilizada tamén como zona de estacionamento gratuíto.

También te puede interesar