Vigo al minuto

@MareaVigo denuncia a «morte por afixia» do tecido cultural da cidade

“A cultura viguesa está a asfixiarse por mor das axudas nominativas que expide o goberno de Abel Caballero”, iso é o que denuncia Marea de Vigo. Ao seu xuizo, estas axudas en forma de convenio -que deberían ser de concorrencia competitiva, repártense sen ter coñecemento do proxecto. As responsábeis do Ensalle demandan que as axudas se repartan con concorrencia competitiva e cun epígrafe que expida de maneira lóxica e obxectiva tales achegas.

“O Concello de Vigo repártelle ao Teatro Ensalle 4.000€ en forma de axuda nominativa; unha cantidade que vén sendo o 2,3% do presuposto total no 2016. Temos que ter en conta, que o Teatro nútrese de tres principais institucións: 2,3%: Concello de Vigo, 24% Xunta de Galicia e 28% Ministerio de Cultura: o resto é presuposto posto polo Teatro”.

Marea cre que ao Concello de Vigo corresponderíalle outorgar unha axuda ao Teatro que fose para investir en infraestrutura, “mais o Concello entrega axudas para a programación”, cousa que non é competencia do organismo local, senón que é algo que lle corresponde ao Ministerio; o cal esixe para acceder ás axudas estatais que os teatros sexan interautonómicos -máis de 3 comunidades autónoma-) para poder conseguir unha axuda viable. A Xunta esixe que o 50% sexa galego e que haxa tránsito entre compañías de distintas provincias. É por estes requisitos, que se «o Concello falla, tamén o fai a Xunta e o Ministerio», apunta un dos responsábeis do Teatro.

Grazas ao Ensalle, os organismos de cultura da Xunta e do Estado investiron en 13 anos máis de 2 millóns de euros en Vigo; polo que o Concello non está valorando que só cun 2,3% de investimento consigue unha cantidade moi significativa que fai emerxer á cultura viguesa, e que se fose unha cifra digna, podería manterse sen problemas un dos teatros alternativos máis importantes do estado. O organismo local investiu soamente 40.000€ ao longo da historia do Teatro.

«A esperanza do norte», como lle chama moita xente da península ao Teatro Ensalle, está a organizar -sen axudas institucionais- unhas xornadas de cultura con ECOAR; onde encherán de arte catro días de maio e onde actuarán compañías internacionais. O obxectivo é visualizar a desidia das institucións pola cultura e reflexionar sobre como achegar o teatro á sociedade.

Ao ser o Teatro Ensalle tanto unha referencia estatal en estilos artísticos -como a danza contemporánea-, como unha principal porta de entrada da cultura e de cartos a nosa cidade, así como de saída de proxectos cara o mundo; non é de recibo que este goberno non mostre interese polos seus proxectos e lle dea practicamente unha esmola para garantir a súa continuidade; plasmando, iso si, o selo do Concello nos carteis do Teatro; pois o investimento medio anual desta sala oscila entre os 140.000€ e os 180.000€, polo que os 4.000€ que reciben do Concello é unha cantidade ridícula respecto ao investimento e á riqueza cultural que está a recibir Vigo grazas a súa labor. Esta cifra resulta aínda máis vergoñenta se a comparamos cos 8.500€ anuais que recibe o Teatro a través da ‘Asociación Amigos del Teatro Ensalle’; que composta por 40 socias e socios, aportan máis do dobre que o Concello de Vigo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.