Vigo al día

Alecrín Monicreques, esta fin de semana no Teatro Aforo de Vigo co seu espectáculo de sombras chinesas

Alecrín Monicreques ofrece esta fin de semana un espectáculo de sombras chinesas, no Teatro Aforo de Vigo-na rúa Colombia 40, interior-. o sábado e domingo ás 12 e 18 horas, para nenas e nenos de 3 anos en adiante.

Os textos das funcións serán ‘A viaxe de Pancho’, ‘As tres formigas’ e ‘Soño de cans’, dos autores Antonio Santos, Enric Larruela Vidal e o propio Alecrín Monicreques, a cargo de Flor Maceira e Marco Pombo.

O prezo das entradas é de 3€ para os cativos e de 4 para os adultos e os interesados poden facer as reservas chamando ao teléfono 625 372 883.

También te puede interesar