Vigo al minuto

Empeza a unha nova humanizacion de Castelao e a primeira parte do carril bici da Avenida de Europa

O alcalde visitou este xoves unha nova fase da humanización da Avenida de Castelao, no treito comprendido entre as rúas Porriño e Redondela, na que se invistirán 250.000€.

O Concello, segundo os datos ofrecidos por Abel Caballero, está a actuar sobre 400 metros de rúa, renovando tanto beirarrúas como 800 metros de canalizacións soterradas de saneamento e abastecemento de auga. A humanización contempla 37 árbores, papeleiras e xardineiras, unha mellora “como corresponde a esta zona e para continuar coa humanización de toda a zona de Coia”, en verbas de Caballero.

Na mesma zona, a Xerencia de Urbanismo deu luz verde á contratación da redacción dun proxecto de expropiación e construción dunha beirarrúa con carril bici na marxe esquerda da Avenida de Europa.

Cun orzamento de 45.000€ o Concello inicia a primeira parte do carril bici que, cun orzamento de 2,6 millóns, se estenderá ao longo de dez quilómetros entre Samil e Teis, pasando por Camelias, Venezuela, Pizarro, Travesía de Vigo e a Avenida de Bos Aires. A este respecto, Caballero avanzou en rolda de prensa a posibilidade de construír máis carrís para bicicletas, se o que está en marcha funciona ben.

También te puede interesar