Galicia

Detida cando plantaba lume ao monte no concello de Viana do Bolo

Axentes da Garda Civil do Seprona detiveron este luns a unha muller de 59 anos de idade coma presunta autora dun incendio forestal. Os axentes sorprenderon a detida cando estaba a prender lumen un lugar chamado Lama da Veiga, no concello ourensán de Viana do Bolo.

Os axentes apagaron eles mesmos o lume e logo de arrestar á muller puxeron os feitos no coñecemento do Xulgado de A Pobra de Trives.

También te puede interesar