Cultura Vigo al minuto

‘María y los demás’ acada 5 Premios Mestre Mateo, entre eles o de Mellor Película e Mellor Actriz para Bárbara Lennie

A longametraxe ‘María y los Demás’ foi a triunfadora da XV edición dos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. A cinta levouse 5 galardóns, entre eles o de Mellor Película e Actriz Protagonista, para Bárbara Lennie.

A serie ‘Dalia, A Modista’, obtivo catro premios a Covadonga Berdiñas, coma Mellor Actriz de Reparto, e as distincións á Mellor Dirección de Artes, Vestiario e Maquillaxe.

O documental  Esquece Monelos conqueriu os premios ao Mellor Documental, Mellor Dirección de Fotografia e Mellor Montaxe.

Land Rober Tunai Show foi elixido Mellor Programa de Televisión e o seu presentador, Roberto Vilar, foi elixido coma Mellor Comunicador de televisión.

O lucense Luís Tosar levouse o premio ao Mellor Actor Protagonista polo seu traballo en ‘Cen Anos de Perdón’; o Mestre Mateo para a Mellor Interpretación Masculina de Reparto foi para Monti Castiñeiras, polo seu traballo en Serramoura e a feminina para Covadonga Berdiñas por Dalia, A Modista.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.