Vigo al minuto

O Boletin Oficial da Provincia publica o anuncio de exposición pública do Centro Vialia e a Estación do Ave de Urzáiz

O alcalde informou este venres da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPP) do anuncio de exposición pública do proxecto integrado do Centro Vialia, a estación do AVE de Vigo e a terminal de autobuses a fin de que se abra un prazo de 20 días hábiles para presentar alegacións ou as cuestións pertinentes.

Rematado ese período, segundo sinalou Abel Caballero,o Concello emitirá un informe favorable á aplicación da Lei de medidas urxentes para proxectos de excepcional interese e, posteriormente, ADIF adxudicará o proxecto na primeira reunión que teña.

Segundo explicou, este luns 6 de marzo producirase unha reunión técnica en Madrid para axustar as cuestións necesarias do proxecto e, posteriormente, o alcalde e o presidente de ADIF, Juan Bravo Rivera, acordaron celebrar un encontro para o impulso político e administrativo do Centro Vialia, nun prazo de 10 días. “Queremos ir a toda marcha para que a adxudicación se faga no prazo máis breve posible, coa vista posta a finais deste mes de marzo” e sinalou que “estamos camiñando extraordinariamente ben” con este proxecto, traballando con vontade e cooperación con ADIF.

También te puede interesar