Ciencia y Tecnología

@Xunta inicia a campaña de recollida de plásticos agrícolas en 86 concellos

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio inicia a campaña de recollida de plásticos agrícolas xerados en Galicia ao longo de 2017, coa que se prevé recoller tres toneladas deste material. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, visitou esta mañá as instalacións da empresa adxudicataria -Tecnoloxía e Reciclaxe de materiais, SL (Tryma)- deste contrato que procesará o plástico principalmente de orixe agrícola dos 86 concellos participantes neste programa de valorización deste tipo de residuos.

Nestas primeiras semanas, a adxudicataria iniciou os traballos de inspeccións para organizar os traballos de recollida no total dos concellos adheridos e realizou un inventariado dos puntos de recollida, así como das necesidades específicas para a recollida deste material co fin de analizar a conformidade dos accesos.

Os plásticos son entregados fundamentalmente por agricultores e gandeiros nos puntos destinados a tal fin polos concellos participantes nesta edición que se prolongará ata finais do actual ano.

En resumo, os agricultores e gandeiros depositan os seus plásticos agrícolas no lugar indicado por cada concello. Os residuos acumulados deberán ser exclusivamente plásticos agrícolas e estes deberán estar o máis limpos posibles e atados ou recollidos de tal xeito que faciliten a súa recollida. Unha vez que as cantidades depositadas no punto fagan necesaria unha retirada, o concello porase en contacto coa empresa adxudicataria.

Con esta iniciativa, a Consellería de Medio Ambiente aporta unha solución para fomentar a axeitada xestión deste tipo de residuos que, tradicionalmente, adoitaban ser obxecto de vertido ou incineración incontrolada co prexuízo ambiental que isto pode carrexar para a contorna e as paisaxes. Indicou que a valoración material dos plásticos agrícolas recollidos ao abeiro deste programa será dun 100 por cen.

A conselleira de Medio Ambiente sinalou que ao abeiro desta iniciativa, dende o ano 2009, téñense recollido en Galicia 22 millóns de quilos, grazas a un investimento de 1,8 millóns de euros, cunha media anual de 3 toneladas, cifra que esta ano se espera igualar.

Esta actuación “é unha manifestación das posibilidades de aproveitamento dos recursos disponibles”, toda vez que os plásticos retirados serán sometidos a un proceso de valorización material tras o que se obterá outro produto final-granza de polietileno reciclada- que poderá ser novamente empregado na fabricación de novos produtos plásticos ou na elaboración de bolsas de lixo e tubos de polietilenono.

“Tamén é unha mostra da necesidade de avanzar cara unha economía circular, tratando de conciliar actividades produtivas e protección do medio ambiente, en particular polo que á xestión de residuos se refire; ao tempo que se fomenta no sector agrogandeiro a implantación dunha cultura da reciclaxe”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.