Vigo al minuto

O Concello abre o prazo para optar ás 657 bolsas de inglés para alumnado da ESO

Desde este xoves e ata o próximo 15 de marzo, ambos incluidos, os interesados en optar ás bolsas de inglés poden presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello. O alcalde anunciou a apertura da convocatoria para as 657 vacantes“un número moi importante, máis que nunca”– das que dispón este ano o goberno vigués para alumnado de 3º de ESO.

Abel Caballero  lembrou que o investimento adicado polo Goberno local para as estancias dos escolares ascende a 1,5 millóns de euros, e o programa municipal “Vigo En Inglés” conta tamén cunha partida de 160.000€ máis para conceder 92 axudas a estudantes da Escola Oficial de Idiomas de Vigo. Así, o Concello outorga este 2017 un total de 749 bolsas de inglés.

O alcalde lembrou que toda a información está dispoñible na web www.vigoeningles.org.

También te puede interesar