Vigo al minuto

O Concello abre o prazo para optar ás 657 bolsas de inglés para alumnado da ESO

Desde este xoves e ata o próximo 15 de marzo, ambos incluidos, os interesados en optar ás bolsas de inglés poden presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello. O alcalde anunciou a apertura da convocatoria para as 657 vacantes«un número moi importante, máis que nunca»– das que dispón este ano o goberno vigués para alumnado de 3º de ESO.

Abel Caballero  lembrou que o investimento adicado polo Goberno local para as estancias dos escolares ascende a 1,5 millóns de euros, e o programa municipal «Vigo En Inglés» conta tamén cunha partida de 160.000€ máis para conceder 92 axudas a estudantes da Escola Oficial de Idiomas de Vigo. Así, o Concello outorga este 2017 un total de 749 bolsas de inglés.

O alcalde lembrou que toda a información está dispoñible na web www.vigoeningles.org.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.