Comarcas

@depo_es impulsa un ano máis ‘DepoAventura A Lanzada’ aberta a 2.200 nenas e nenos de toda a provincia

A Deputación de Pontevedra aprobará este venres as bases da segunda edición do programa “Depo Aventura A Lanzada” a través das cales se ofertan 2.200 prazas, 300 delas gratuítas para menores en situación ou risco de exclusión social, para gozar de 7 días na Lanzada en réxime de pensión completa e cunha ampla programación de actividades para o tempo libre, moitas delas en inglés.

Tal e como adiantou a presidenta do organismo provincial, “Depo Aventura A Lanzada pretende que 2.200 menores empreguen o seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, artístico, medioambiental, deportivo e formativo que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra da súa contorna habitual”.

O programa está aberto a nenas e nenos nadas e nados entre 2004 e 2009 e empadroadas e empadroados na provincia de Pontevedra. Carmela Silva subliñou que “poden participar nesta actividade nenas e nenos con diversidade funcional, porque queremos ofrecerlles a oportunidade de que interveñan en igualdade de condicións coas e cos demais en actividades de lecer e tempo libre”.

A Deputación de Pontevedra subvencionará co 50% un total 1.900 prazas, debendo aboar as familias interesadas 100 € por praza, 80 € no caso das familias numerosas. As 300 prazas restantes, dirixidas a menores en situación ou risco de exclusión social, serán subvencionadas ó 100%.

Neste caso concreto, 260 prazas destinaranse ás nenas e ós nenos en situación ou risco de exclusión social dos concellos da provincia de Pontevedra, 25 a nenas e nenos do Centro Príncipe Felipe e 15 para aquelas e aqueles que se atopen en situación de tutela ou garda administrativa doutros centros da provincia.

“Depo Aventura A Lanzada”, ó que a institución provincial destina 240.000 €, desenvolverase entre o 25 de xuño e o 9 de setembro en 11 quendas de 7 días de duración cada unha (do 25 de xuño ao 1 de xullo, do 2 ao 8 de xullo, do 9 ao 15 de xullo, do 16 ao 22 de xullo, do 23 ao 29 de xullo, do 30 de xullo ao 5 de agosto, do 6 ao 12 de agosto, do 13 ao 19 de agosto, do 20 ao 26 de agosto, do 27 de agosto ao 2 de setembro, do 3 ao 9 de setembro).

As persoas interesadas neste programa disporán de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO, para presentar a solicitude.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.