RGPD - Cookies
Galicia

Os pensionistas galegos, con 773,05€ mensuais de media, seguen a ser os segundos peor pagados do Estado

756.22 galegos cobra algunha pensión, segundo datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social difundidos este xoves. A pensión media en Galicia segue a ser a segunda máis baixa do Estado-so por detrás de Extremadura-logo de situarse en 773,05€, fronte aos 915,53 de España.

En total, 470.127 galegos perciben unha pensión de xubilación, por un importe medio de 878,97€; ademáis hai 186.750 pagas de viuvez, por unha media de 545,56€ ao mes; 69.324 de incapacidade con 831,97€ de media e 23.904 de orfandade cun importe de 371,28€.

293.169 pensionistas galegos viven na provincia de A Coruña, e cobran, de media, 814,91€; 236.760 residen en Pontevedra, e perciben, 814,23 €; 117.582 son de Lugo e teñen unha paga de 684,73€; e 108.715 en Ourense, cunha media de 666,02€.

También te puede interesar