Vigo al día

O Concello aproba as normas para adxudicar 620 prazas nas escolas infantís municipais para nenos de 0 a 3 anos

O Goberno Local aprobou este xoves a normativa para a adxudicación das prazas e a matrícula as escolas infantís municipais para nenos e nenas de entre 0 e 3 anos para o curso 2017-2018.

O Concello oferta 620 prazas nos oito centros: Costeira-Saiáns, Bouzas, Tomás Alonso, Santa Marta-Casco Vello, Atalaia-Teis, Santa Cristina-Lavadores, Mestres Goldar e Navia cun investimento de 1,7 millóns de euros.

O alcalde sinalou que o custo das escolas infantís está por por debaixo do real ao estaren subvencionadas nunha magnitude que permite que as familias paguen “a metade do que custan as escolas da Xunta de Galicia”.

Ademais, apuntou que “a metade dos usuarios” están exentos do pagamento da matrícula e da cota mensual por teren rendas baixas, un dos elementos que se valoran para a adscrición e outorgamento das prazas e que reflicte “a dimensión social da política que facemos nas escolas infantís”, que duplicaron o número e prazas “desde que son alcalde”.

También te puede interesar