Ciencia y Tecnología

@Xunta activa o servizo de emisión on line de certificados de discapacidade e título de familia numerosa

O Goberno de Galicia ven de activar o servizo de emisión de certificados a través da súa sede electrónica, segundo se recolle nunha resolución conxunta da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), publicada este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A partir de mañá xa será posible obter o título de familia numerosa e o certificado de discapacidade de xeito automatizado a través da sede, sen necesidade de desprazarse ata as unidades administrativas correspondentes.

Estes certificados pódense obter en formato electrónico desde calquera lugar e en calquera momento, no apartado «Obtención de certificados» da sede, https://sede.xunta.gal/obtencion-de-certificados, empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 –https://sede.xunta.gal/chave365-.

Paulatinamente, iranse incorporando máis certificados co obxectivo de facilitar e axilizar as xestións administrativas e reducir tempos e custos. Na actualidade cidadanía e empresas poden obter diversos certificados da Administración en soporte papel, o que implica un dobre custo: o do desprazamento para o cidadán e o de elaboración e emisión do documento para a Administración.

A sede electrónica da Xunta entrou en funcionamento en 2010 e o pasado ano rexistrou máis de 89.000 xestións online. Actualmente ten dispoñibles 1.244 trámites así como a consulta de todos os procedementos administrativos e os requisitos de tramitación. O pasado ano habilitouse o acceso á sede co Servizo Chave 365, que substitúe o uso de certificados electrónicos por un sistema de claves concertadas no móbil. dende a súa posta en marcha hai xa 13.700 usuarios do sistema rexistrados.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.