Vigo al minuto

Manifestación en Vigo o mércores para esixir a recuperación dos dereitos sociais e laborais

CIG-Vigo desenvolverá unha manifestación este mércores 15 dentro da campaña pola recuperación de dereitos laborais e sociais que desenvolve a central a nivel galego. A mobilización, que terá continuidade noutras comarcas do país, arrincará dende A Dobrada ás 8 da tarde e rematará na farola de Urzaiz.

A marcha foi presentada hoxe diante dos medios de comunicación polos secretarios Comarcal e de Organización, Alberto Goçalves e Anxo Igrexas. Os responsábeis sindicais explicaron que a mobilización fai parte da campaña pola recuperación de dereitos laborais e socias que desenvolve a CIG e que se iniciou o pasado 28 de xaneiro coa manifestación en defensa das pensións que percorreu as rúas de Santiago.

Gonçalves botou man das cifras para argumentar sobre a necesidade de impulsar cambios nas políticas económicas e de emprego, que pasarían por derrogar as reformas laborais e da negociación colectiva. Segundo denunciou, no conxunto da área de influencia da comarca viguesa hai máis de 80.000 persoas no paro. “Moitas delas son paradas de longa duración e xa non ingresan ningún tipo de prestación, o que fai que se atopen en risco de exclusión social”, alerta.

Fronte a isto, reclama un plan de desenvolvemento industrial para a comarca no que se potencie a investigación, o desenvolvemento e a inovación e a intervención pública directa en sectores estratéxicos como o naval.

Ademais, sinalou que coa protesta tamén se pretende expresar a necesidade de defender os servizos públicos, nomeadamente o ensino e a sanidade. “Queremos que o hospital Álvaro Cunqueiro sexa público ao 100% e que conte co equipamento necesario para ofrecer unha atención de calidade”.

Finalmente, amosou o seu convencemento de que a celebración do vindeiro 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, será un punto de inflexión de cara á convocatoria dunha folga xeral para antes do verán.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.