Ciencia y Tecnología

Areeiro recomenda tratar as árbores afectadas polo temporal para evitar axentes patóxenos nos mesmos

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de publicar un aviso fitosanitario no que aconsella tratar canto antes as árbores danadas polo temporal para evitar a entrada de patóxenos.

Así mesmo, con motivo das choivas e a elevada humidade existente, advirte da necesidade de actuar sobre todo nos cítricos, froiteiras e o buxo para evitar infeccións.

Segundo explica a técnica Rosa Pérez, responsable da Unidade de Artrópodos, moitas árbores sufriron roturas de ramas de grandes dimensións acompañadas de rachos irregulares que, ou ben afectan a parte do fuste ou tronco, ou ben deixan un toco que pode podrecer co paso do tempo. O consello fitosanitario, pois, indica que os rachos deben ser limpados e reparados e os tocos eliminados, aplicando despois destas operacións produtos cicatrizantes con funxicidas para evitar a entrada de patóxenos a través das feridas.

En canto aos cítricos, Pérez explica que as choivas e humidade favorecerán as infeccións por patóxenos moi ligados á auga -como a Phytophthora hibernalis-, polo que indica  que é moi importante recoller tanto os froitos caídos ao chan como os podres que permanecen na árbore e destruílos para evitar novas contaminacións. Tamén se debe evitar calquera acumulación de auga no contorno das raíces, favorecendo a saída mediante zonas de drenaxe. Proponse tamén a posibilidade de actuar preventivamente nos limoeiros ou mandarinos, laranxeiros ou pomelos con diferentes produtos específicos.

Para as froiteiras en xeral -tanto nas de pebida como nas de óso ou no kiwi- sublíñase que será conveniente, tan pronto o clima o permita, aplicar un dos tratamentos cúpricos que se recomendan no inverno.

Sobre o buxo, advírtese que as mesmas condicións de elevada humidade poden favorecer  o desenvolvemento do fungo Cylindroclaudium buxicola, que causa serias defoliacións nestas plantas. “Por este motivo débese incrementar a vixilancia sobre as sebes de buxo,  retirando posibles follas secas e favorecendo a aireación das plantas. Se ademais se detectasen síntomas da presenza do fungo, débese aplicar un tratamento funxicida», destaca.

Couza da pataca

A Estación do Areeiro está a recibir consultas de diferentes agricultores sobre a ‘couza guatemalteca da pataca’ -Scrobipalpopsis solanivora- da que nestes días se está a falar nos diferentes medios de comunicación.

Os técnicos aseguran que “de momento esta praga non está detectada en ningún concello da provincia de pontevedra, e de feito a súa presenza está restrinxida a 31 concellos do norte das provincias de A Coruña e Lugo”. Remiten, así mesmo, as consultas para coñecer os concellos afectados no enlace ao DOGA do luns 6 de febreiro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.