Comarcas

@ConcelloNigran inicia os cursos da Terceira Idade con record de inscritos, 78

O Concello de Nigrán iniciou o 1 de febreiro con record de inscritos nos cursos destinados á terceira idade de Memoria Básica, Memoria Avanzada, Expresión Corporal e Informática. En total, 78  maiores do municipio  benefícianse xa destes obradoiros que se desenvolverán ata o mes de decembro nas instalacións do Centro da Terceira Idade na Ramallosa.

O curso de informática, con tres grupos de dez persoas cada un e duas clases á semana de hora e media, é o máis numeroso -no resto hai o tope máximo de 16 alumnos/curso-. O Concello renovou o equipamento con dez novos ordenadores -os existentes estaban obsoletos- e unha impresora.

“Apostamos por políticas que garantan a calidade de vida dos maiores, como este tipo de cursos, turismo social e mesmo o centro especializado en demencias neurodexenerativas”, indica o alcalde de Nigrán, Juan González, en referencia ao pioneiro programa municipal que se leva adiante no CEE de Panxón.

Nesta liña, o Concello repetirá o programa de turismo social destinado á terceira idade co obxectivo de dar a coñecer aos maiores outros lugares de Galicia. “En definitiva, son cuestións todas que contribúen á súa mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral ou reconstituínte da memoria e da atención”, suliña o rexedor, quen engade que “a todos estes beneficios hai que engadirlle que se socializarán e, en definitiva, sentiranse máis felices e vitais”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.