Galicia

@ppdegalicia rexeita ás 1.113 enmendas da oposición e aproba en solitario os orzamentos da Xunta para 2017

Co voto do Partido Popular chegou para aprobar os orzamentos de Galicia para 2017. Os populares rexeitaron as 1.113 enmendas que presentaron os grupos da oposición o que valeulle ao PP os cualificativos de ‘soberbios’ e ‘arrogantes’ por parte dos demáis grupos da Cámara.

En conxunto, as contas suman 9.063 millóns de euros- 259 millóns máis que en 2016– que, segundo o voceiro parlamentario popular, conforman uns orzamentos “expansivos, prudentes e equilibrados” que, indicou  farán que Galicia medre e que sexa posible unha redistribución que faga que ningún galego teña problemas.

Pedro Puy subliñou non houbo arrogancia algunha por parte do Goberno e puco coma exemplo da dificultade de pactar as contas anuais os exemplos dos concellos de Pontevedra e Vigo e a Deputación pontevedresa.

O voceiro de En Marea afirmou que  Galicia non está  na recuperación senón “ante a consolidación dunha estafa” e avogou por polo fin dos privilexios e unha aposta real polas políticas de igualdade que, coma, sinalou, recollían as enmendas do seu grupo para loitar contra a pobreza enerxética, os desafiuzaemntos ou favorecer o desenvolvemento do sector primario.

Xoaquín Fernández Leiceaga, do PSdG, comentou que aos orzamentos de Feijóo faltáballes ambición e confianza xa que, dixo, non reflicten a recuperación económica, e apostou por contas que ofrezan oportunidades de emprego. Leiceaga acusou ao Goberno de non ser quen de facer que os recursos cheguen aos que máis os precisan.

Por último, a voceira do BNG esixiu a creación dunha tarifa eléctrica galega, unha política real no eido industrial, o apoio á automoción e, subliñou Ana Pontón, unha “defensa dos dereitos das maiorías”.

También te puede interesar