RGPD - Cookies
Galicia

Alumnado de DepoAtende empeza a práctica en entidade sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra

As trece mulleres e o home que compoñen o alumnado do curso “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” que se iniciou o pasado 1 de outubro no Centro Príncipe Felipe da Deputación, en Pontevedra, comezan este luns 6 de febreiro a fase de prácticas en cinco entidades sen ánimo de lucro da provincia, o que lles permitirá adquirir experiencia profesional no ámbito no que recibiron formación ata o vindeiro 29 de marzo.

As asociacións de familiares de persoas enfermas de Alzheimer AFAGA e AFAPO, Amencer-Aspace, COGAMI Mos e Pontevedra e a Asociación Juan XXIII Pontevedra son as entidades nas que o alumnado do obradoiro de emprego poderá poñer en práctica os coñecementos aprendidos en ámbitos coma a atención hixiénico-sanitaria ou o apoio psicosocial e comunicativo en institucións.

A deputada provincial de Emprego, MontseMagallanes, reuniuse coa docente e estudantes de Depoatende no Centro Príncipe Felipe, abordando as “posibilidades laborais” na atención sociosanitaria a persoas dependentes e animou a cada participante a aproveitar esta oportunidade formativa.

También te puede interesar