As brigadas de mantemento da rede de estradas da Deputación acudiron a máis de 85 emerxencias causadas polo temporal nas vías provinciais en apenas doce horas. Os operarios conseguiron evitar que as estradas estiveran cortadas ao tráfico retirando árbores da vía, limpando plataformas, contendo muros caídos e achicando desbordamentos que creaban láminas de auga na calzada.
As emerxencias máis salientables localizáronse na comarca do Salnés, sobre todo no concello de Meis, pero as actuacións sucedéronse en todas as comarcas da provincia, tanto derivadas dende o 112 como de avisos de alcaldes, particulares e dos vixiantes do propio servizo provincial de Mobilidade.
O departamento de rede de estradas da provincia- que abrangue 1.700 quilómetros– activou un protocolo polo que as brigadas están a realizar percorridos de zona executando traballos preventivos na medida que o permiten as urxencias. I
Igual que no día de onte, de feito, a maiores de atender as emerxencias de xeito prioritario, estanse a vixiar as zonas de augas máis conflitivas para evitar asolagamentos, arrastres de terras e desbordamentos, así como limpando as marxes das calzadas para evitar taponamentos de sumidoiros e taxeas derivados das caídas de follas, polas e outros materiais. Os funcionarios están a realizar quendas de traballo cos equipos completos ata as 18.00 horas cada xornada e en garda localizada 24 horas para atender as incidencias que sucedan durante a alerta polo mal tempo.
Este venres, os primeiros avisos de incidencias chegaron ás 3.00 da madrugada dende o concello de Rodeiro. Dende entón sucedéronse os partes de xeito incesante, sobre todo, por árbores de grandes dimensións impedindo o paso.
As actuacións máis importantes realizáronse no concello de Meis, onde o temporal foi máis duro pola presenza dun tornado. Alí o vento tirou unha árbore sobre o tendido eléctrico e de teléfono cortando parcialmente a estrada EP-9405 de Barrantes-Armenteira. A árbore, de grandes dimensións (máis de 80 centímetros de diámetro e varios metros de altura), foi retirada inmediatamente polas brigadas provinciais, que sinalizaron a zona e deixaron a vía aberta á circulación. A Garda Civil, en calquera caso, permaneceu na zona agardando aos técnicos de Fenosa e Telefónica porque os cables quedaran moi baixos e podían supoñer perigo.
Dentro de Meis tamén caeron máis árbores na estrada entre Samieira e Busto (EP-9214), e na EP-9402 entre Mosteiro e Barrantes, onde foi necesaria unha intervención moi áxil debido a que o tronco cortaba toda a calzada. Noutro punto desa mesma vía tamén caeron os cables do tendido eléctrico e foi precisa a retirada de varias uralitas e a limpeza da plataforma. Houbo máis incidencias por árbores na EP-9403 entre Santo Tomé e San Salvador. Finalmente, tamén no Salnés, o 112 alertou de ramas e árbores obstaculizando o paso nas estradas entre Vilanova e Ponte Arnelas (EP-9703), en Vilanova de Arousa.
Na comarca de Pontevedra, os operarios provinciais retiraron árbores e polas por todas as estradas provinciais polas que facían o percorrido de zona. A primeira emerxencia derivada polo servizo do 112 foi na EP-0017 entre o Bao-Campañó por árbores e ramas na estrada, onde houbo que volver en varias ocasións por novas caídas. Tamén se actuou pola caída dun poste e árbores na estrada EP-0001 entre Bértola-Canicouva-Ponte Sampaio, e polo desprendemento dun muro obstaculizando a calzada na estrada entre Xeve-Amil-Espedregueira (EP-0018). As brigadas da zona centro tamén acudiron á EP-0004 entre Marcón-Pintos-A Reigosa e á estrada entre Xoán XIII e Figueirido (EP-0012) para retirar todos os elementos que caeran á vía.
No concello de Barro os operarios trasladáronse a retirar varias mimosas cortando a estrada Goulla-Porráns (EP-9707) , así como por árbores nas vías entre Curro e San Amaro (EP-0508) e na estrada entre a N-550 e a igrexa de Perdecanai (EP-0505). En Ponte Caldelas foi preciso limpar a plataforma e destaponar os sumidoiros para solucionar o desbordamento existente pola choiva na calzada da EP-0205 entre A Reigosa e Taboadelo, mentres que no municipio de Campolameiro houbo que retirar árbores na estrada de Chacente-Morillas-San Isidro (EP-8305). No Concello de Poio o traballo foi inxente na estrada EP-0602 entre Portosanto-Lourido e Campelo.
Na comarca de Vigo foi preciso acudir á estrada EP-2702 entre Amoedo e Os Valos e na EP2701 entre Pazos e Hermida en Pazos de Borbén e varias veces para retirar árbores e polas na EP-2908 entre Arcade e Amoedo, en Soutomaior. Por outra banda, en Fornelos de Montes, debido a fortes refachos de vento foi preciso que os operarios da Deputación limparan a calzada logo de que caera un tellado na EP-2803 entre Fornelos e Festín. No concello de Gondomar tamén foi preciso baldear a estrada polos restos dun accidente, mentres que en Baiona, na EP-2202 entre Baiona e Lourezá, retiráronse varias árbores caídas.
As brigadas provinciais, sobre todo a primeira hora da mañá, atenderon na comarca do Condado chamadas urxentes para solventar as incidencias acontecidas no municipio de As Neves na EP-4202 entre Tortoreos-Rubios-Carrasqueira, na EP-4006 entre Ponteareas e As Neves -en varias ocasións nos diferentes treitos de ambos municipios-, así como na EP-4306 entre Ponte Val e Barcia de Mera –por varias árbores a diferentes horas-, na EP-4301 entre Riofrío e Borbén, en Mondariz; e na EP-4103 entre Alxán e Grixo. Así mesmo, realizáronse os correspondentes percorridos preventivos.
Na Paradanta as actuacións centráronse no concello de A Cañiza, na EP-5004 entre Valeixe e Villar e a EP-5005 entre A Cañiza e Pousa; tamén no concello de Covelo, na EP51-07 entre Covelo e Paraños; no concello de Arbo, na EP-5201 entre Arbo-Cabeiras e Barcela; así como no concello de Crecente, na EP-5304 entre Vilar e Albeos.
No Morrazo houbo avisos do 112 e actuouse no concello de Marín, na EP-0019 entre Figueirido e Marín por unha árbore que invadía parcialmente a estrada, sendo retirada inmediatamente pola brigada ás 5.05 da mañá. Tamén foi preciso traballar na retirada doutra árbore de grandes dimensións que caeu na estrada EP-0103 entre a N-550 e o Lago de Castiñeiras en Vilaboa, onde os operarios estiveron durante bastante tempo para facilitar o tránsito de vehículos. Tamén no mesmo concello os operarios retiraron árbores e polas da EP-0101 entre Postemirón e Acuña.
Na comarca de Caldas as brigadas traballaron no ámbito municipal de Moraña na estrada EP-0018 entre Xeve-Amil –Espedregueira retirando polas e árbores, así como limpando unha mancha de aceite en todo o treito da estrada entre Caldas e Catoira (EP-8001) que facía perigoso o tránsito de vehículos por perigo de escorregar.
Ademais de en Rodeiro, nas comarcas do Deza-Tabeirós, as brigadas tiveron que retirar árbores e polas (tanto manualmente como con medios mecánicos, partindo os troncos con motoserras) no concello de A Estrada nas vías EP-7001 cara a Forcarei, na EP-7022 enre Codeseda e Sevil, na EP-8401 entre Portela e Souto de Vea e a EP-7016 cara a Vinseiro e As Casetas. Foi preciso acudir para retirar os restos dun accidente no que os cables de Fenosa caeron á estrada provincial na EP-7016 entre A Estrada-Vinseiro e As Casetas.