Galicia

Rosalía toca o ceo: un avión de Norweigian levará o seu rostro e o aeroporto de Santiago o seu nome

A compañía aérea Norwegian ven de anunciar que decorará un dos seus avión máis novos coa imaxe da “matriarca das letras galegas”. A montaxe da imaxe “ven xestándose dende hai meses e farase nas instalación de Norwegian en Oslo o vindeiro mes de marzo”.

A imaxe de Rosalía de Castro que se usará na decoración do avión foi proporcionada pola Fundación que leva o seu nome e que colaborou no asesoramento do proxecto.

Esta nova coñécese o mesmo día que trascendeu que o aeroporto de Compostela levará tamén o nome da escritora, tal e como aprobada por unanimidade o Pleno do Concello o pasado día 20. Deste xeito, o mesmo pasará a ser o Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro.

Te podría interesar