Comarcas Vigo al minuto

O alcalde de Redondela da todo o seu apoio ás asociacións que a apertura da saída da AP-9 en Torres de Padín

O pasado martes día 24 o alcalde de Redondela , xunto con membros do seu goberno, tivo unha xuntanza cos colectivos representativos  do tecido asociativo de Chapela-entre os mesmos estaban representantes da Asociación de Veciños, da Comunidade de Montes, Asociación Cultural, Afectados po la AP-9, representantes das Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPAS)  e do Clube de Remo de Chapela- cos que falou dos distintos temas que nestes intres  están de actualidade nesta parroquia.

Entre os mesmos  está o  da apertura da saída da autoestrada en Torres de Padín, algo que, salientan dende o Concello, “Javier Bas non so apoia senón que reclamou a Audasa  os poucos meses de formar goberno”;  tamén se tratou  sobre a situación  de agravio que está a sufrir Redondela o manterse a peaxe en Rande,  e que dende que está este Goberno “conqueriuse, cando menos, que durante a semana nos traxectos  de ida e volta se bonifique a volta e só se pague  a peaxe de ida”, aínda así o alcalde expresou a necesidade de “seguir facendo forza e demandando a gratuidade”e xa que é un tramo pequeno e que non ten ningún sentido que se siga cobrando.

Por todo isto Javier Bas amosou a estes colectivos o seu apoio e o compromiso de seguir mantendo as demandas e seguir coa presión tanto diante de Audasa, concesionaria da AP-9, coma ante o Ministerio de Fomento.

También te puede interesar