RGPD - Cookies

@depo_es achega 618.500€ a Oia, A Guarda, O Rosal, Vila de Cruces e Vilaboa para a contratación de 64 persoas

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de preto de 618.500€ no marco da liña tres de emprego do Plan Concellos 2017, destinados aos concellos da Guarda, Oia, O Rosal, Vila de Cruces e Vilaboa.  Con esta achega, e coa aprobada a comezos da semana, a institución provincial leva xa investidos 933.017,85 € para que oito concellos da provincia poidan contratar a 113 persoas para manter e garantir os servizos municipais.

Esta mesma semana se aprobaban as primeiras concesións da liña tres, emprego, do Plan Concellos 2017 destinadas a Cuntis, Arbo e As neves, para que puidesen contratar a 49 persoas, agora os concellos beneficiados son A Guarda, Oia, O Rosal, Vila de Cruces e Vilaboa, con preto de 620.000 €.  En concreto, achégase á Guarda 154.852,58 € para a contratación de 17 persoas, a Oia 94.434,08 € dirixidos a 12 persoas, ó Rosal 122.875,92 € para 14 persoas,  a Vila de Cruces 134.770,60 destinados a 11 persoas e a Vilaboa 111.560 € para a contratación de 10 persoas.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, lembrou que este ano a achega total da liña tres é de 9.270.000 € o que supón o 22,5% do total do Plan Concellos 2017, que conta con 41,2 millóns de €, un 3% máis que en 2016.

También te puede interesar