Galicia

Cinco conselleiros deixan o seu asento no Parlamento de Galicia para centrarse no seu traballo na Xunta

Os conselleiros de Facenda, Valeriano Martínez; de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez; de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; de Sanidade, Jesús Vázquez; e de Medio Rural, Ángeles Vázquez, deixarán os seus cargos de deputados no Parlamento de Galicia, para centrarse no seu traballo no Goberno galego, segundo informou o Partido Popular.

Ademáis do presidente Feijóo, manteñen a súa acta na Cámara galega o vicepresidente do Goberno e presidente del PP de Pontevedra, Alfonso Rueda; a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato; a titular do Mar, Rosa Quintana; o conselleiro de Economía, Francisco Conde, e o titular de Política Social José Manuel Rey Varela.

Para ocupar o lugar dos conselleiros no Parlamento, entrarán no mesmo Soraya Salorio, del PP de Sada, e Gonzalo Trenor, pola provincia de A Coruña e Isabel Novo, Moisés Rodríguez, ex alcalde de Tui, e o presidente local do PP de Pontevedra, Jacobo Moreira.

También te puede interesar