Comarcas

@AsNevesConcello impulsa o ‘Urbanismo Verde’ coa plantación de distintas árbores para adobiar a contorna da vila

O Concello das Neves ven de por en marcha un proxecto chamado Urbanismo Verde, que ten como obxetivo aderezar, axardinar e facer da contorna urbana nevense un ”lugar máis apeticible dende o punto de vista visual, natural e ecolóxico”.

Segundo, Oscar González, Concelleiro de Benestar, Urbanismo Verde “é un proceso que non ten fin, estenderase no tempo ampliando zonas e sendo conscientes da necesidade de seu mantemento”.

Nesta primeira fase iniciouse o axardinamento das rotondas do Conde e da Molinera xunto coa plantación de diversas especies nos terreos do Instituto Pazo da Merce, onde destacan o uso dos agapantus e distintas variedades de camelia. Outros lugares onde xa se actuou son o talude do novo aparcadoiro do Centro Médico e nun tramo da PO-415 – a circunvalación-, onrdese plantaron árbores de porte, freixos e carballos entre outros, que ademais de xerar zonas ambientais e naturais “convertirán estes lugares en áreas apetecibles para o aparcamento e o paseo ao conseguirse sombra e un efecto visual agradable”.

O alcalde, Xose Manuel Rodríguez, engade que “está nos xenes deste goberno avanzar no ámbito natural, ecolóxico e de promoción de As Neves. Proxectos como este conseguense coa colaboración da Estación Fitopatolóxica do Areeiro que aporta estudos do terreo e especies árbores”.

También te puede interesar