Deportes Vigo al minuto

O Goberno local proxecta un Carril Bici de 10 quilómetros de Teis a Samil

Un carril bici de 10 quilometros de percorrido dende Teis a Samil. Este é  o proxecto que o alcalde presentou este martes ás principais asociación ciclistas da cidade e aos xornalistas, adiantando que a súa intención é que parte do mesmo estea aprobado antes do remate do mandato desta Corporación en maio de 2019.

Abel Caballero subliñou que o trazado será «na súa inmensa maioría» exclusivo para bicicletas, mais contará con algún treito de uso conxunto con coches e con peóns. Neste último caso, os espazos estarán «claramente diferenciados para darlle o máximo de seguridade» aos viandantes; onde se comparta cos vehículos, “calmarase” o tráfico con velocidades máximas de ata 30 quilómetros por hora.

Abel Caballero salientou que este será o primeiro carril bici que promova o Concello de Vigo, que xa planifica conectalo con outros carrís adicionais, como un pola costa que tamén una Teis e Samil, pechando así un circuito ciclista duns vinte quilómetros. O goberno local tamén contempla carrís que partan do principal para que a bici sexa outro modo máis de transporte urbano.

O percorrido deste carril bici irá, saindo dende Samil, pola marxe esquerda da Avenida de Europa, onde se construirá o propio carril e tamén unha beirarrúa da que carece actualmente o vial; seguirá pola Avenida de Castelao, entre o arborado e a zona verde, baixando na Praza de América ao paso de peóns da rúa Coruña para subir por Camelias tamén pola parte esquerda.

O carril atravesará a Praza de Independencia e continuará pola mesma marxe da Avenida das Camelias, pasará fronte ao Concello pola pequena praza sobre Blein Budiño e irá por Venezuela, respectando o gran parque infantil proxectado, atravesará a Gran Vía, seguirá por Venezuela ata Pizarro e percorrerá a Travesía de Vigo, onde haberá zonas de calmado de tráfico con velocidade máxima de 30 quilómetros por hora, para ir ata Buenos Aires e finalizar no inicio de Sanjurjo Badía.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.