O Concello de Tui contratará a 23 persoas durante 10 meses ao abeiro da liña 3 de Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, do Plan Concellos 2017, para o que solicitou unha subvención de 225.000€ á Deputación de Pontevedra.
En concreto solicitouse a achega para a contratación de 10 peóns de limpeza, 3 oficiais de segunda albaneis, 1 oficial de segunda carpinteiro, 1 oficial condutor e 1 oficial soldador-cerralleiro, para o servizo de obras, a razón de 35 horas semanas. Por outra parte solicitouse tamén a contratación de 7 auxiliares administrativos tres deles durante 30 horas semanas e 4 cun contrato de 25 horas semanas.
As persoas interesadas en acceder á selección para estes postos de traballo teñen que ser desempregados, estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante non ocupados dispoñibles para o emprego. Será a propia oficina de Emprego de Tui quen remita ao Concello a listaxe das persoas que reúnan os requisitos para cada posto de traballo.