'Qué te cuentas?'

O Concello de Tui contrtará a 23 persoas durante dez meses

O Concello de Tui contratará a 23 persoas durante 10 meses ao abeiro da liña 3 de Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, do Plan Concellos 2017, para o que solicitou unha subvención de 225.000€ á Deputación de Pontevedra.

En concreto solicitouse a achega para a contratación de 10 peóns de limpeza, 3 oficiais de segunda albaneis, 1 oficial de segunda carpinteiro, 1 oficial condutor e 1 oficial soldador-cerralleiro, para o servizo de obras,  a razón de 35 horas semanas. Por outra parte solicitouse tamén a contratación de 7 auxiliares administrativos tres deles durante 30 horas semanas e 4 cun contrato de 25 horas semanas.

As persoas interesadas en acceder á selección para estes postos de traballo teñen que ser desempregados, estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante  non ocupados dispoñibles para o emprego. Será a propia oficina de Emprego de Tui quen remita ao Concello a listaxe das persoas que reúnan os requisitos para cada posto de traballo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.