Os 75 deputados do Parlamento de Galicia asinaron este mércores unha nova proposición de lei solicitando o traspaso á administración galega da titularidade da AP-9 e as competencias sobre a concesión.
O texto foi pactado polo Partido Popular, En Marea, PSdG e BNG, no que se eliminan os puntos que fixeron que o Goberno do Estado rexeitase o traspaso da Autoestrada a Galicia, en concreto xa non figura o prazo máximo de 6 meses para que a Xunta se faga cargo da vía e sinálase que non haberá cambios nos orzamentos do Estado polo traslado de titularidade.