SOS Sanidade Pública ven de alertar que os recortes e a falla de persoal son os causantes do caos nos servicos de Urxencias dos hospitais públicos de Galicia. Nun comunicado enviado este domingo, SOS Sanidade Pública amosa o seu apoio á campaña da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública que esixe un «plan de urxencia que contemple a reposición de persoal, camas, e centros de saúde, antes de que o deterioro sanitario non teña volta atrás».
A Asociación denuncia que ateigar os corredores con pacientes atenta contra a súa dignidade e, ademáis agrava o seu padecemento, algo do que culpa a Sanidade que cortou o seu orzamento nun 18,3%.
Dende o comezo da crise, engade a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, a sanidade pública galega perdeu 477 camas e máis de 392 médicos en centros de saúde e 121 hospitas, ao que hai que sumar a paralización da apertura de 66 novos centros de saúde.
Esta asociación denuncia, tamén, a «ausencia de planificación» para combater «epidemias periódicas e estacionais» coma a da gripe, que deberían «obrigar aos servizo sanitarios a ter previstos recursos para facerlles fronte».
