RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

Galicia foi no 2016 a segunda comunidade do Estado con máis afogados, 69 ao longo do ano

Galicia é, so por detrás de Canarias, a segunda comunidade do Estado con maior número de mortos por afogamento, segundo se reflicte no informe da Federación de Salvamento e Socorrismo coñecido este sábado.

Segundo o mesmo, no pasado 2016, un total de 69 persoas  afogaron en zonas acuáticas, 28 máis que o ano anterior. No conxunto do Estado a cifra de mortes foi de 437.

Segundo os datos da Federación de Salvamento e Socorrismo, 8 de cada 10 vítimas son homes, e o 37% deles tiñan máis de 65 anos. Os mesmos datos subliñan que o 35 % dos afogamentos producíronse nas praias e  no 94 % dos casos os espazos acuáticos non tiñan servizo de vixilancia.

También te puede interesar