Vigo al día

O Goberno de Galicia recurrirá a constitución da Área Metropolitana ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo

O Goberno de Galicia interporá un recurso contencioso-administrativo contra a constitución da Área Metropolitana de Vigo xa que, a xuizo do Executivo non se cumpriron na mesma os “requisitos mínimos” para que entre en funcionamento.

A xuizo do gobernó Feijó, a Lei da Área Metropalitana establece na súa disposición adicional décimo primeira “a efectiva posta en funcionamento da Área Metropolitana de Vigo requerirá a previa integración efectiva do transporte urbano de Vigo no Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, logo da formalización do correspondente convenio entre a Xunta de Galicia e o Concello. Esta incorporación se realizará nas mesmas condicións que o resto dos concellos galegos, garantindo a igualdade de tratamento de todas as persoas usuarias”.

También te puede interesar