RGPD - Cookies
Destacados

@Acluxega sinala que Galicia lidera a xeotermia en todo o Estado

Galicia acadou, a finais do ano pasado, a cifra de 1.061 Sistemas de Climatización Xeotérmica con Bomba de Calor. Dita cifra, indica a Asociación do Clúster da Xeotermia Galega (ACLUXEGA) supón unha utilización desta tecnoloxía de 0,39 unidades por cada mil habitantes.

“Se ben dita cifra está aínda moi afastada dos niveis de introdución en outros países da Comunidade Económica Europea, supera amplamente ao do resto das Comunidades Españolas, onde no mellor dos casos, como Madrid, Barcelona ou o Pais Vasco, o ratio debe roldar 0,15 unidades por cada mil habitantes”.

A distribución do número de sistemas por provincias sinala unha implantación maior dentro das de A Coruña e Pontevedra que concentran o 75% das mesmas. O menor número de sistemas en Ourense e Lugo débese en parte a la menor densidade poboacional, en parte a un maior descoñecemento desta tecnoloxía e, “posiblemente tamén a unhas condicións xeolóxicas no tan excepcionais como nas provincias atlánticas onde o predominio do granito resulta un plus engadido”.

O número de instalacións executadas diminuíu dramaticamente nos exercicios 2008-2014 como consecuencia da crisis no sector da construción. Os datos dos dous últimos anos confirman a recuperación dos niveles até valores próximos aos do ano 2007, que rexistrou o maior número da serie histórica.

En canto á potencia térmica total instalada estimouse que a finais de 2016 en Galicia acadaba aproximadamente os 26 Mwats. Dita cifra, se ben aínda modesta, non resulta despreciable e, “por poñer un simple exemplo podería representar o equivalente a un 6,5 % da potencia en ciclo combinado da Central Térmica de Sabón”.

Aínda que se descoñece a fuente utilizada por GEOPLAT para os seus cálculos, en algún dos seus informes estímase que a potencia xeotérmica total instalada en España acada os 168 Mwats polo que, “de ser certa esta cifra, Galicia, con tan so o 6% de la poboación do país, posúe o 15,5% da potencia instalada”.

Nos últimos años, a medida que se veñen popularizando estes sistemas, obsérvase unha tendencia crecente no número de proxectos de climatización de grandes instalacións. “Como consecuencia e de agardar que no futuro e a medida que se vaian coñecendo as vantaxes económicas, operativas, medioambientais e de durabilidade de estes sistemas dentro do tecido empresarial, a contribución da enerxía xeotérmica creza exponencialmente”.

También te puede interesar