O Goberno local adxudicou este luns catro novas humanizacións por máis de 2 millóns de euros. Son a remodelación da terceira fase da Avenida das Camelias, no treito comprendido entre as rúas Doutor Marañón e Juan Ramón Jiménez, por 778.000€. A humanización da Avenida Castelao, entre as rúas Redondela e Porriño, desta volta cun orzamento de 212.000€ e unha baixa do 15% sobre o importe de licitación.
O goberno vigués adxudicou as obras de Estorniño e Llorente: no primeiro caso, o Concello reformará Estornino, entre Gregorio Espino e Xílgaro, cun orzamento de 872.000€ -unha baixa do 24% sobre a licitación-, mentres que a primeira fase da remodelación da rúa Llorente conleva un investimento de 175.000€.