Comarcas Sucesos

O BNG denuncia que Decenas de niños de avespa asiática quedaron sen recoller en Covelo por mor da «neglixencia da Alcaldía»

Juan Pablo Castillo Amigo, alcalde de Covelo/ Fotografía:concellodecovelo.es

O concello de Covelo figura como entidade colaboradora na retirada de niños desta especie invasora no rexistro da Consellaría do Medio Rural, pero “paradoxalmente carece de medios para a súa retirada”. Esta situación deu como resultado que a día de hoxe, denuncia o BNG,  sexan decenas os niños que non se retiraron.

A situación agravouse pois moitos veciños acudiron ás oficinas municipais para informar da presenza de niños e nas mesmas informábaselles «que non se preocupasen e que non chamasen ao teléfono galego de emerxencias que xestiona a Xunta de Galicia xa que o propio alcalde se ocupaba da retirada».

Ao carecer de medios técnicos e debido á elevada altura onde se atopan os niños de avespas os niños quedaron nas árbores, incluso os que se deben retirar urxentemente como estabelece o protocolo, como o caso dun niño situado ao carón da escola infantil de Covelo e que permanece aínda hoxe alí.

O Bloque salienta que a avespa asiática amais de constituír unha ameaza ecolóxica directa para as abellas e outros polinizadores e insectos e as especies vexetais que dependen deles para se reproducir, tamén é prexudicial para a rica actividade apícola tradicional covelense -tal e como o amosa o patrimonio cereiro que o Monte veciñal de Paraños recuperou no museo Favum-, para o cultivo de froiteiras e videiras e ademais para a propia seguridade da veciñanza,lembramos tamén que este verán faleceu un veciño en Covelo mentres rozaba nun eido nas inmediacións dun niño de avespas asiáticas”.

Dende o BNG do Covelo instan ao alcalde a que se dedique ás súas funcións tal e como o estabelece a súa dedicación exclusiva no Concello e que deixe aos profesionais a retirada dos niños, ben formando á veciñanza, delegando na Xunta ou contratando a algunha empresa que preste ese servizo e que non banalice os problemas de Covelo.

Tamén reclama unha coordinación entre todos os afectados: montes veciñais, abelleiros, agricultores, gandeiros, cazadores e o Concello e a merca de medios técnicos, como traxes de protección, pértigas, contemplado todo isto nun rigoroso plan de actuación para conseguir conter os efectos adversos desta especie bioinvasora.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.