O Bono Alugueiro Social de Galicia pasará de 2 a 3 anos e ampliará o número de beneficiarios

O presidente Feijóo na rolda de prensa na que deu conta dos asuntos tratados na reunió—n do Goberno
O presidente Feijóo na rolda de prensa na que deu conta dos asuntos tratados na reunió—n do Goberno

O presidente do Goberno de Galicia, avanzou este xoves na rolda de prensa posterior á xuntanza semanal do Executivo, unha achega de 5 millóns de euros para as axudas do Bono de Alugueiro Social que ampliará a súa duración de dous a tres anos e ampliará tamén os seus beneficiarios.

No que respecta á contía, o presidente Feijóo precisou que con este investimento, os beneficiarios seguirán tendo unha axuda mensual de ata 200 €, que poderá incrementarse ata un 20% no caso de que as persoas arrendatarias sexan integrantes dunha familia numerosa ou dunha unidade de convivencia onde necesiten unha vivenda adaptada para algún dos seus membros.

A esta cantidade súmase tamén una axuda única de 600€ para os gastos derivados da formalización de novos contratos de alugueiro ou para o pagamento de atrasos no caso de permanecer na vivenda obxecto do procedemento xudicial de desafiuzamento.

Ademais de ampliar a duración destas axudas de dous a tres anos, Feijóo subliñou que a orde aprobada hoxe establece a incorporación de dous novos colectivos susceptibles de beneficiarse do Bono de Alugueiro Social: arrendatarios de vivendas de promoción pública propiedade da Xunta cuxa vixencia do contrato rematase despois da entrada en vigor desta orde. E, persoas ás que, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar os ingresos necesarios establecidos no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación de dito programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco de dito programa.

Neste senso, o presidente fixo fincapé na importancia de que os concellos se insiran no Programa de vivendas baleiras, posto que é o único xeito de actuar de forma coordinada entre os concellos e a Xunta.

Feijóo concluíu lembrando que o Bono Alugueiro Social enmárcase nas 12 medidas adoptadas polo Goberno fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda. Non en van, “ao abeiro destas iniciativas xa se atenderon a máis de 1.100 familias, entre as que se atopan as 248 ás que xa se lles concedeu o Bono de alugueiro social”.

También te puede interesar