Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

So un 3,1% de toda a poboación da área sanitaria de Vigo elixe Povisa coma centro de referencia para atención especializada

Do total da poboación da área sanitaria de Vigo que podía elixir a a clínica privada Povisa  como centro de referencia para atención especializada – 71.039 usuarios- tan só solicitaron o cambio 3.215 persoas, o que representa o 3,1 %. Así, as solicitudes de cambio para recibir atención hospitalaria no centro concertado diminuíron nun 52% con respecto ao ano anterior, no que  rexistráronse 6.548.

Destas 3.215 solicitudes foron autorizadas todas excepto as últimas 177, desestimadas por ter acadado este hospital a cifra tope de 139.000 pacientes que establece o concerto asinado polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS) con este centro sanitario. O criterio empregado para esta desestimación foi a «orde cronolóxica», isto é: as peticións de cambio non autorizadas corresponden ás presentadas o último día do prazo oficial estipulado, o 30 de novembro.

Como conclusión,  trala Resolución do Servizo Galego de Saúde do 17 de outubro de 2016, que regulaba o procedemento para que os beneficiarios da Seguridade Social de determinados  centros da área sanitaria de Vigo puidesen elixir libremente hospital durante o plazo legalmente establecido, 3.038 cambiaron a Povisa e 779 ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), sendo o saldo final de  2. 259 pacientes incorporados ao policlínico privado. En resumo: a poboación da área de Vigo asignada ao centro sanitario Povisa, con data 1 de decembro é  139.000 persoas.

Segundo indica o Servizo Galego de Saúde, hai que subliñar que os cambios do CHUVI a Povisa “prodúcense no ámbito de residentes no perímetro deste hospital, mentres que os cambios de Povisa ao Chuvi concéntranse fundamentalmente nos usuarios da comarca de Val Miñor e Coruxo”.

Este ano, o Servizo galego de Saúde continúa ofrecendo a opción de elixir cambiar de hospital aos usuarios dos mesmos centros que o pasado ano, incluíndo Nicolás Peña e Pintor Colmeiro, que xa habían sido autorizados no mes de febreiro. Esta decisión adoptouse, indica Sanidade, “tendo en conta a súa ubicación e facilidade de acceso alegada pola poboación deste centros que solicitaba o cambio”.

Estes centros veñen a sumarse aos que xa tiñan cupos co Policlinico de Vigo Sociedade Anónima como referencia hospitalaria: Rosalía de Castro-Beiramar, Coia, Coruxo, López Mora e Navia.  A istos, hai que engadirlles  os cidadáns dos concellos tradicionalmente asignados a POVISA, os das comarcas de e O Morrazo e Val Miñor

O concerto vixente establece que anualmente se abrirá  un novo período para exercer o “dereito de libre elección de centro”, que vai dende o 1 ata o 30 de novembro de cada ano.  O cambio de hospital é efectivo no momento en que o usuario presenta a súa solicitude e é adscrito polo Sergas. A petición leva implícita a súa permanencia ata a apertura do seguinte período anual no que de novo poderá exercer o seu dereito de libre elección.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.