Vigo al minuto

Vigolandia quenta motores para entreter a toda a familia este Nadal

Máis de 14.000 persoas pasaron o ano pasado polo Ifevi para disfrutar de Vigolandia, que arranca o vindeiro 26 de decembro a súa décimo terceira edición cun amplo abano de actividades para a diversión de toda a familia nos máis de 20.000 metros cadrados destinados.

O evento manterá as súas portas abertas ao público do 26 de decembro de 16.00 a 20.00 horas e os días 27, 28, 29 e 30 de 12.00 a 20.00 horas. O prezo da entrada, 4 euros.

Entre as actividades, a ponte tibetana e a tirolina, grandes éxitos en todas as edicións, 16 inchables, carrusel, jumping, deportes e xogos, animación e maquillaxe, máis de 15 obradoiros, fotomaton, circuítos, videoconsolas, ximcanas… e moito máis. A gran novidade este ano é a presencia de Anfaco, que ademais de obradoiros terá degustacións de produtos para toda a familia.

Todas as actividades teñen un carácter deportivo, cultural, de integración e de entretemento. Ademais de solidario, xa que durante os cinco días que dura Vigolandia haberá un punto de recollida de xoguetes e alimentos non perecedeiros que se entregarán a unha entidade benefica.

Por outro lado, Vigolandia vai unido a un concurso de pintura no que este ano participaron máis de 3.600 nenos e nenas de 33 colexios de Vigo. Baixo o lema ‘As cores do Nadal’ os debuxos formarán unha galería que se amosará durante todo o evento no recinto.

También te puede interesar